Saltar navegación

Unha pequena viaxe pola música do mundo

Retomamos a nosa viaxe

Despois de pasar o Nadal coa familia, retomamos a nosa viaxe, chegando a terras de África, ao Congo.


O Congo ten unha gran riqueza musical e cultural que serve de base aos demais países africanos, e ela mesma recibe influencia de moitas partes do mundo, como Europa, o Caribe, etc. A súa música tradicional baséase nos ritmos e melodías en lingala (idioma oficial do país).

Para coñecer un pouquiño da súa cultura e costumes imos traballar cunha canción tradicional que se chama "Banaha"

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0